Helena Quintela (Lugo, 1995) é ilustradora e creativa. Participou como ilustradora en proxectos como Maldito (Malafera, 2022) de Amauta Castro, e en proxectos solidarios como A balada do exilio de Xulio Cid Neira (Ed. Saurobuks, 2024), e na Antoloxía Biosbarda para Parche a favor da Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos (Ruín Alteredicións, 2022). Cre que crear é unha forma de dicir o que se leva dentro, mentres nos atopamos no proceso. O trazo, o camiño e o que se sente importan tanto coma o que queda ao final.
Luís Valle (Lugo, 1977), poeta. É autor de Zigurat (2001), volume composto polos libros Jano, Jethro en Irán, Poemas para el silencio e Inacabado, Epitafio y corona para Manuel Quiroga (2007), A caída (2009, Premio Afundación), Fedor (2011, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Caderno do mendigo (2011), As cicatrices do sol (2015, Premio Manuel Lueiro Rey), Trona, o merlo (2015), Para que eu beba (2017), Óstraka (2019), Causa de nieve (2021), Alianza (2022), As asuras (2023), Fiebre (2025), Insomnia (Malafera, 2025) e Somos (Xerais, 2025).
Alfredo Vázquez, Alfredo Hanabi, 花火, H4n4bi, Alberto Canabis (A Ribeiriña, 1988) é escritor, investigador e codirector de Malafera. Participou en diversos recitais e festivais poéticos,
e colabora habitualmente no espazo 'Cerimonia de gaivotas'. Publicou os fanzines Os catro selos (2021), Gardar como… (2023) e o poemario trítono (2024).



Silvia Penas (Vigo, 1980) é poeta e performer. O seu traballo ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica e outros formatos de poesía efémera e expandida. Despois de gañar algúns premios e accésits con series de poemas, publica por primeira vez un libro no ano 2010: Biografía da multitude, creado en coautoría con Elvira Riveiro (premio de poesía Victoriano Taibo). Máis tarde aparece As uñas crecen, poemario gañador do certame Manuel Lueiro Rey de Poesía ao que lle segue Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, Premio de Poesía Avelina Valladares. Fronteira Paraíso, artefacto que contén poemas, fotografías de Jesús Andrés Tejada e un disco homónimo a cargo de Cintaadhesiva. Posteriormente aparece en lingua portuguesa o libro de poemas O resto é céu. O poemario Retratos de vodas, partos e funerais foi galardoado co Premio Follas novas 2024 ao mellor libro de poesía publicado en galego do ano 2023 e o premio Aritmar (Galiza e Portugal) ao mellor poema por “Canto segundo para un fillo non nado” incluído no mesmo libro. Tamén no 2024 graña o Premio de Poesía do Concello de Carral pola súa obra A pel do exilio.
No ámbito da poesía expandida cabe destacar a formación anteriormente citada Cintaadhesiva(poesía, música e electrónica e videoarte), da cal é cocreadora, xunto ao músico e videocreador Jesús Andrés Tejada.
+ info https://www.silviapenas.com



