Edicións Malafera

Autorías

Luís Valle (Lugo, 1977), poeta. É autor de Zigurat (2001), volume composto polos libros Jano, Jethro en Irán, Poemas para el silencio e Inacabado, Epitafio y corona para Manuel Quiroga (2007), A caída (2009, Premio Afundación), Fedor (2011, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Caderno do mendigo (2011), As cicatrices do sol (2015, Premio Manuel Lueiro Rey), Trona, o merlo (2015), Para que eu beba (2017), Óstraka (2019), Causa de nieve (2021), Alianza (2022), As asuras (2023), Fiebre (2025), Insomnia (Malafera, 2025) e Somos (Xerais, 2025).





Alfredo Vázquez, Alfredo Hanabi,
花火, H4n4bi, Alberto Canabis (A Ribeiriña, 1988) é escritor, investigador e codirector de Malafera. Participou en diversos recitais e festivais poéticos,
e colabora habitualmente no espazo 'Cerimonia de gaivotas'. Publicou os fanzines 
Os catro selos (2021), Gardar como… (2023) e o poemario trítono (2024).

 



 Adrián Maceda
(Escairón) é docente e adoecente, pero xa nunca adolescente. Levou a broma da poesía demasiado lonxe.





Antón Recamán
(Cee, 1985)
é licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Publicou o seu primeiro poemario, As Mans Atlánticas da Ausencia, en 2020. A continuación chegaría Alén do Corpo en 2022 e Apatria en 2023. En 2024 acadou o segundo premio no XVIII Certame Literario das Terras do Chamoso con Nestoutra Parte da Néboa.




Silvia Penas (Vigo, 1980) é poeta e performer. O seu traballo ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica e outros formatos de poesía efémera e expandida.  Despois de gañar algúns premios e accésits con series de poemas, publica por primeira vez un libro no ano 2010: Biografía da multitude, creado en coautoría con Elvira Riveiro (premio de poesía Victoriano Taibo). Máis tarde aparece As uñas crecen, poemario gañador do certame Manuel Lueiro Rey de Poesía ao que lle segue Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, Premio de Poesía Avelina Valladares. Fronteira Paraíso, artefacto que contén poemas, fotografías de Jesús Andrés Tejada e un disco homónimo a cargo de Cintaadhesiva. Posteriormente aparece en lingua portuguesa o libro de poemas O resto é céu. O poemario Retratos de vodas, partos e funerais foi galardoado co Premio Follas novas 2024 ao mellor libro de poesía publicado en galego do ano 2023 e o premio Aritmar (Galiza e Portugal) ao mellor poema por “Canto segundo para un fillo non nado” incluído no mesmo libro. Tamén no 2024 graña o Premio de Poesía do Concello de Carral pola súa obra A pel do exilio.

No ámbito da poesía expandida cabe destacar a formación anteriormente citada Cintaadhesiva(poesía, música e electrónica e videoarte), da cal é cocreadora, xunto ao músico e videocreador Jesús Andrés Tejada.

+ info https://www.silviapenas.com





Bea Saiáns
(Vigo,1991) é guionista e directora de profesión e traballa na produtora CRU desenvolvendo proxectos de cinema e TV. No eido da poesía pre-Malafera escribe Sen menosprezar aos caniches (2019), co que foi finalista no Certame de Poesía Florencio Delgado Gurriarán e Se tivera un pau e gasolina e unha amiga e un chisqueiro (2020), co que leva un accésit no Certame de Poesía do Concello de Outes. Unha persoa entusiasta dese xurado ponse en contacto con Edicións Malafera e de aí nace o seu primeiro libro, Baliza (2023) un dicionario poético para colorear. “A poesía comeza onde a palabra deixa de ter utilidade”, di a contracapa. No 2025 participa do ensaio sobre identidades bisexuais Insubmisión ambigua (Ed. Xerais, 2025), coordinado por Ana Amigo e Ánxela Lema.






Eu son senón ninguén

que quer ser nube de tarde,
man e mar que signifiquen viaxe,
muro para conter as sombras.

De Amauta Castro (1981), pseudónimo de Rafael Xoán Muñoz Castro, poeta en lingua galega que actualmente reside en Catalunya. Ten colaborado en diversas publicacións literarias coma Dorna, Revista Ligeia, Revista Elipse, Andar21, Ultragráfico, etc. Participou tamén en volumes colectivos coma Antoloxía Poética da diáspora galega (2007), ou O Poliedro da soidade (2018). A súa obra “Da pel sae o escuro” (2018) foi gañadora do XXXI Certame de Poesía Rosalía de Castro (2017). Ten nove poemarios individuais publicados: Nos muros do mundo (Edizer,2012); A Tarde. O Desacougo. (Espiral Maior, 2019), obra que fora merecedora do XXXI Premio Nacional Pérez Parallé de poesía; Leixaprén (en edición bilingüe para Buenos Aires Poetry,2020), Constante hora de boca e precipicio (ed. Urutau, 2020) e Poesía (modelo para romper) (ed.Surobuks, 2020), Intrordinario II (ed. Urutau, 2021), Maldito (Malafera, 2022), Árbores de Inverno (ed. Saurobuks, 2024), e A vasteza do nó (Finalista VII Certame de Poesía Torre de Caldaloba).





Branca Trigo Cabaleiro
(1997) codirixe Edicións Malafera, onde publicou os varios fanzines e poemarios como Mundo Carne (2025) así como varios fanzines. Foi recoñecida con premios de poesía coma o do Concello de Carral. Actualmente realiza a súa tese doutoral na Universidade de Vigo. O seu traballo afonda na monstruosidade da poesía vinculada ás identidades subalternas.









Your bag is empty
Comprar