Alfredo Vázquez (花火), nado na Ribeiriña, é escritor, investigador e codirector de Malafera. Participou en diversos recitais e festivais poéticos, e colabora habitualmente no espazo Cerimonia de gaivotas. Publicou os fanzines Os catro selos (2021) e Gardar como… (2023) e o poemario 𝄽trítono𝄽 (2024).

(fotografía: @poloreghocomaomineral)
Branca Trigo é unha escritora viguesa. C
odirixe a editorial de poesía Malafera e organiza xunto con outres poetas o micro aberto Cerimonia de gaivotas. Publicou os libros Coñecemento do Medo (2021) e Condolore (2022), ademais de participar en diversos volumes colectivos.
(fotografía: @poloreghocomaomineral)