Edicións Malafera

Editora

Edicións Malafera é unha quimera en todos os sentidos da palabra. Esta editorial independente e autoxestionada con sede en Vigo nace en 2021 do noso amor á literatura e da nosa frustración co sistema literario. Queremos crear un espazo para obras que non entran no mainstream dos premios e as editoras grandes.

Só publicamos obras en galego ou, chegado o caso, edicións bilingües. Nós mesmes corriximos, maquetamos e distribuímos os libros e fanzines.

Especializámonos en poesía, pero sentimos debilidade por calquera obra monstrosa, por hibridacións de xéneros e formatos.

Somos transfeministas, antirracistas e antifascistas. Non aceptamos baixo ningún concepto manuscritos ou achegas que difundan discursos de odio, ou que pertenzan a persoas que así o fagan. Estas xa ocupan espazos abondo.

 

Malaferas
(fotografía: @poloreghocomaomineral)
Your bag is empty
Comprar